Construcción do TEODOLITO FRIKI ... Medidor de Angulos por: PcJames.Pe.Kz

Posted on domingo, 11 de julio de 2010 by Fernando Cosi Villalobos | 0 comentarios
Etiquetas: , ,

Un teodolito consta dun par de listóns, un medidor de ángulos e un chumbo.

Un dos listóns é para colocar nel o medidor de ángulos e o peso, e o outro para suxeitalo coa man. Tamén se lle pode poñer un tubo facendo de miriña.

Se non tedes na casa madeiras, podedes facelo como nesta imaxe.

TEODOLITO-1

Unha escuadra ou un cartabón valen porque teñen un lado para collelos. No outro colocades o transportador, (con celo, etc) asegurándoo para que estea aliñado coa escuadra.No centro deste debe estar burato, do que colgades calquera cousa, un cordón cun colgante ou un peso (tornillos, ...) e listo. Fixádevos que ao enfocalo cara o ceo marque 0º.

Cando enfoquemos cara o alto dunha casa o peso gardará a vertical respecto do chan e daranos o ángulo que forma a liña dos nosos ollos coa vertical da casa.

TEODOLITO-2

Temos que traballar en parellas, de xeito que un esta quieto enfocando hacia o alto da casa e o outro mira o ángulo e mide a distancia que hai desde onde estamos ata a parede da casa e tamén a distancia dende os nosos ollos ata o chan.Utilizando a tanxente do ángulo obtido e a distancia ata a parede podemos achar a altura dende os ollos (vermello). Ésta máis a que hai desde os ollos ata o chan da a altura da casa. (vermello+azul)

TEODOLITO-3

Si todo sae ben, mañá teremos a altura do cole, traede a cámara de fotos ....

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada